Din por aquí, que Maio naceu en Novembro. Que ninguén se estrañe ,porque en Novembro, están todas as esencias da futura primavera e porque como todo neste mundo, necesita un tempo para facerse
Maio crece moi rápido, para cando chega Decembro xa é un neno inquedo e traveso que lle gusta rubir ás árbores e pasar horas alí contemplando o mar e os barcos. Para Febreiro xa está moi alto e xoga rodando pola herba baixo as camelias mentres, nas súas roupas, enrédanse os verdes e os pétalos, para cando se pon en pé, non cabe dúbida é todo un Maio.
Para Abril, Maio xa é un adolescente moito máis alto e espigado, xa toma certas decisións e en ocasións como esta sorprende á súa nai.
-Mamá, Preséntoche aos meus amigos, Juan, Carmen, Miguel, Antonio, Inés, Pedro e Diego, non me digas como logrei comunicarme con eles xa sei que tan só son un mes do ano e non teño o don da palabra, pero iso é o bo eles poden falar por min.-
Para cando chega Maio... O primeiro de Maio, os nenos de Marín veñen con pequenas embarcacións para cantar na festa dos Maios. E Maio déixase cubrir de verdes e flores e ata é coroado de flores e así máis alto e florido que nunca entra no seu interior un neno que canta e canta sen parar todo o que Maio lle di, tanto e tanto tempo, que se conta en Marín que un neno canso de tanto cantar dentro do maio, cantou con todas as súas forzas
“Levántate Maio de enriba de min, non vaia ser o conto que mexes por min.”

