Su belleza y su calma cautivaban. A súa beleza e a súa calma cativaban.
Cuando empecé a caminar por el sendero, algo inquietante recorría todo mi cuerpo… la casa al fondo, al contrario que el jardín no parecía tener señales de vida.
Cando empecei a camiñar polo carreiro, algo inquietante percorría todo o meu corpo...a casa ao fondo, ao contrario que o xardín non parecía ter sinais de vida.
Peke te lo dedico, te propongo continuar unas líneas (en gallego) y luego lo termino yo, ¿te apetece?

peke dijo...
Claro que me apetece. Aí vai.
Claro que me apetece. Aí vai.
Pero a calma da casa era só aparente, como descubrín despois de pasear polo xardín e embeberme da súa beleza, dos carreiros de plantas construídos por sabe deus que xardineiro, das flores abertas coma promesas de bicos e apertas. Cheiraba a verde porque acababan de cortar o céspede e enchín os pulmóns con ese recendo que sempre, sempre, me trouxo aromas dunha nenez feliz no parque da Alameda, cando aínda sabía moi pouco da vida e todo era simple presente.
Cando cheguei á porta da casa despois do meu deambular collín o picaporte e souben sen ningunha dúbida que me permitía acceder ao interior. Dentro respirábase unha tensión peculiar, coma se todas as paixóns do mundo estivesen alí agochadas para o meu pracer. O primeiro que me chamou a atención foi a figura dunha muller encollida en si mesma ao pé da escaleira, sentada no primeiro chanzo coma se quixese protexerse de algo que eu aínda non albiscaba. Pareceume que sufría.
Agora tócache a ti. Continúa, veña, e sorpréndenos. :) (Colabora en este capitulo Uxía Casal )
Fotos realizadas por A. Cris
3 comentarios:
Oxalá a min se me ocorresen tantas hisstorias como a vostede
Claro que me apetece. Aí vai.
Pero a calma da casa era só aparente, como descubrín despois de pasear polo xardín e embeberme da súa beleza, dos carreiros de plantas construídos por sabe deus que xardineiro, das flores abertas coma promesas de bicos e apertas. Cheiraba a verde porque acababan de cortar o céspede e enchín os pulmóns con ese recendo que sempre, sempre, me trouxo aromas dunha nenez feliz no parque da Alameda, cando aínda sabía moi pouco da vida e todo era simple presente.
Cando cheguei á porta da casa despois do meu deambular collín o picaporte e souben sen ningunha dúbida que me permitía acceder ao interior. Dentro respirábase unha tensión peculiar, coma se todas as paixóns do mundo estivesen alí agochadas para o meu pracer. O primeiro que me chamou a atención foi a figura dunha muller encollida en si mesma ao pé da escaleira, sentada no primeiro chanzo coma se quixese protexerse de algo que eu aínda non albiscaba. Pareceume que sufría.
Agora tócache a ti. Continúa, veña, e sorpréndenos. :)
Por certo, acabo de levar unha panzada das túas fotos anteriores. Estupendas, coma sempre.
Publicar un comentario