lunes, 18 de febrero de 2008

O xardín - 2ª parte


Antes de que puidese pronunciar palabra a muller, recuperándose do seu letargo, alzou a voz con enerxía sorprendéndome - Como puideches entrar? Quen es?- perdoe, adoito pasar por aquí vivo moi preto , o seu xardín, a súa magnolia, sempre me cativaron, o portal estaba aberto e non puiden resistirme. A tristeza volveu ao aspecto da muller e pareceu aniñarse de novo na escaleira. Un silencio interminable deu lugar ao segundo comentario - fai un ano que morreu o xardineiro que cuidaba todo isto… agora xa ninguén o coida, eu non teño forzas -



- Hoxe puideches entrar, viñeches pronto -continuo a muller. Esa árbore, esa magnolia tan fermosa, é a que coida a casa, cando dan as seis da tarde transfórmase, e os seus brazos potentes non permiten que ninguén entre nin salga da casa.



Toma a chave do portal, en Abril poderás entrar para ver a azaleas, pero recorda, antes das seis da tarde. Agora debes marchar, xa é a hora. Camiñei polo carreiro en dirección ao portal e deime conta que alguén apartara os pétalos para non escorregar, ademais as luvas e unhas tesoiras xunto ao sebe recentemente cortado en forma de pato, eran sinais evidentes de que naquela casa había alguén máis. Mentres pechaba o portal facíame a promesa de volver en Abril a chave daríame a oportunidade de descubrir novos misterios e estaba disposta a quedarme logo das seis da tarde.

Cuentos de camelias y otros relatos creados por A.Cris - Fotos realizadas por A.Cris

6 comentarios:

abueloscrisytoño dijo...

¿Que pasara no mes de Abril? xa veremos. A.Cris

Anónimo dijo...

E hai que esperar a abril para sabelo????

abueloscrisytoño dijo...

Buena falta hace el tiempo, tengo que pensar como resolver lo del árbol y las seis de la tarde. ¿Funcionara la llave e Abril? ¿Quién más comparte la casa? Si quieres puedes ir pensando.


Boa falta fai o tempo, teño que pensar como resolver o da árbore e as seis da tarde. Funcionará a chave en Abril?
Quen máis comparte a casa? Se queres podes ir pensando.

Saudos, Peke - A.Cris

Lapis-vermello dijo...

E verdade hai que esperar ata Abril? Non pode ser antes? Moitííísimas grazas pola túa ligazón. Bicos

abueloscrisytoño dijo...

Bueno, intentare adelantar algo, pero hasta abril no se puede entrar en la casa.
Peke !axuda!
A.Cris

abueloscrisytoño dijo...

Al margen derecho hay un traductor, para los que tengan dificultades con el gallego